InicioLugo e contornaContratada a remodelación dos hortos da Deputación de Lugo

Contratada a remodelación dos hortos da Deputación de Lugo

Terán novos peches, co mesmo tamaño para respectar una mesma liña paisaxística, sistema de rega e compostaxe.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a contratación dos traballos de remodelación integral dos hortos públicos que se sitúan no Intre e en Paradai. Así o anunciou o portavoz provincial, Álvaro Santos, que explicou que estas melloras permitirán ofrecer 175 novos espazos, “máis accesibles e nos que se promoverán prácticas agroecológicas”.

As obras, para as que se adxudican 78.000 euros, poderán comezar en abril e teñen un prazo de execución de dous meses, “polo que antes de verán, os hortos poderán estar de novo en funcionamento”, segundo precisou Santos. Desta forma amplíase o número de hortos, pasando dos 150 aos 175 , incrementándose o número no Intre, chegando aos 150 e mantéñense en Paradai, onde hai 25.

Terán novos peches, co mesmo tamaño para respectar una mesma liña paisaxística, sistema de rega e compostaxe. O proxecto inclúe traballos de poda, mellora de accesos, dotación de zonas de cultivo específicas para escolares e persoas con mobilidade reducida e espazos de lecer, entre outros.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...