Detido un mozo da provincia de Lugo por un delito continuado contra o patrimonio

A Garda Civil no marco da 'Operación Karch' detivo a un veciño de Monterroso (Lugo) de 25 anos, a outro de Vilamartin (Ourense) de 34 anos e a un de Chantada de 31 anos como presuntos autores dun delito continuado contra o patrimonio.

Garda Civil

A Garda Civil no marco da ‘Operación Karch’ detivo a un veciño de Monterroso  de 25 anos, a outro de Vilamartín (Ourense) de 34 anos e a un de Chantada de 31 anos como presuntos autores dun delito continuado contra o patrimonio.

Segundo informou o Instituto Armado, na investigación policial efectuada, así como nos rexistros practicados nos domicilios dos detidos, foron intervidos efectos relacionados cos feitos delituosos e documentación que acredita o alleamento dalgún dos mesmos.

Os detidos serán postos a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada nas próximas horas, indicaron as mesmas fontes. Os efectos intervidos atópanse depositados en dependencias oficiais da Garda Civil na localidade de Chantada, para que poidan ser recoñecidos polos seus lexítimos propietarios.