A Garda Civil comeza a facer o traballo que non fai a Policía Local de Lugo

Máis de 30 axentes pediron a prexubilación.

Efectivos da Policía Local / CLM24

EFE. O goberno local de Lugo recoñeceu que se tivo que recorrer á Garda Civil para que instrúa atestados por accidentes de tráfico dentro do centro urbano da cidade, como consecuencia da carencia de efectivos na Policía Local, dado que unha trintena de axentes solicitaron a prexubilación en base o decreto que lles permite retirarse aos 59 anos.

“As dificultades” que está a pasar o Concello de Lugo en materia de persoal “coñecémolas todos”, dixo o portavoz do goberno local, Miguel Fernández, en rolda de prensa. Fernández recoñeceu que existen “dificultades” que o goberno local tenta liquidar porque moitos “axentes queren prexubilarse” e iso, unido á “escaseza de persoal” que xa viña padecendo o corpo, veu a agravar a súa situación.

O portavoz do goberno local precisou que se está traballando nas diferentes ofertas de emprego público” para tratar de emendar canto antes esas carencias e cubrir “canto antes” esas prazas vacantes.

“É algo que non ocultamos”, precisou, pero mentres esa situación non se normaliza, búscanse solucións para os problemas diarios con recurso internos, pero tamén “externos”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here