Unha das caras máis coñecidas do PP de Lugo anuncia o seu adeus a dous meses das municipais

O viceportavoz do PP en Lugo deixa a primeira liña política tras 30 anos de vida política.

Enrique Rozas (dereita) durante a sesión plenaria | Óscar Bernárdez
Enrique Rozas (dereita) durante a sesión plenaria | Óscar Bernárdez

O viceportavoz do grupo municipal e unha das caras máis coñecidas do Partido Popular na cidade de Lugo, Enrique Rozas, comunicou esta mañá a súa intención de non concorrer ás próximas eleccións locais e de apartarse, por tanto, da “primeira liña política”.

En rolda de prensa, acompañado polos seus compañeiros do grupo municipal do PP, Rozas afirmou que esta decisión se debe a motivos estritamente persoais, despois de falalo coa súa “familia”, porque “despois de trinta anos nesta casa”, chegou o momento” de dar un “paso á beira”.

“Chegou o momento. É o momento oportuno. Apártome da primeira liña da política municipal”, dixo Rozas, quen tamén aclarou que non ten pensado ir “en ningunha outra lista”, porque seguirá sendo “militante do Partido Popular”, ademais de manter todos os seus cargos orgánicos.

SEGUIRÁ NO PP

De feito, seguirá exercendo como concelleiro até final deste mandato e continuará como vicepresidente da xunta local, vicesecretario da xunta provincial e membro do comité electoral do PP en Lugo.

Rozas tivo palabras de gratitude na despedida para os funcionarios municipais, para os seus compañeiros do PP, para os edís, para os colaboradores máis directos, para os medios de comunicación e tamén para “os seus xefes” no partido.

Enrique Rozas iniciou a súa traxectoria no Concello de Lugo da man de Vicente Quiroga ao facerse cargo do Padroado de Deportes, no que estivo á fronte durante catorce anos, ata que se incorporou como concelleiro do PP no ano 2003.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here