A Xunta insiste en que non deu permisos para facer as obras de Adif na Ponte da Chanca

Ponte da Chanca, en Vigo, por onde entran os trens a Lugo / Galipedia

O delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, informou de que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) non solicitou permiso ante Patrimonio para executar obras que permitan adecuar a ponte da Chanca, do século XIX, para que siga sendo o lugar polo que entran e saen os trens en Lugo, mesmo coa chegada da alta velocidade.

A preguntas dos xornalistas, Balseiro respondía así a informacións que aseguraban que ese permiso xa fora tramitado por Adif ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. “A día de hoxe, non hai ningunha solicitude en Patrimonio por parte do Goberno do Estado, nin nada que se lle pareza”, para realizar obras na ponte da Chanca, dixo Balseiro.

“Cando fale de Lugo, eu daríalle unha recomendación ao Goberno do Estado, que antes de falar, miren os documentos. Hai uns días xa saben o que pasaba cunha contestación sobre o Xulgado do Social e hoxe pasa exactamente o mesmo sobre a ponte da Chanca”, dixo Balseiro. Desde o seu punto de vista, “están a falar sen mirar a documentación sobre o que din”, dixo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here