Lugo, escenario de loita de gladiadores

O filme 'Gladiator'.

Lugo converterase esta fin de semana na “capital mundial da recreación histórica da loita de gladiadores”, segundo informou o goberno local, coa celebración do ‘Entreno Nacional de Gladiadura’, unha cita impulsada pola asociación Caetra Lucensium, co apoio do Concello.

Esta actividade foi presentada este luns dentro da programación do Lucus Cultural, previa á celebración do Arde Lucus, e ten como obxectivo “intercambiar experiencias e técnicas de combate para mellorar a recreación histórica desas prácticas”, explicaron os seus promotores.

Será a primeira vez que este encontro se celebra en Lugo, dado que as dúas primeiras edicións foron en Madrid e Tarragona.

Na presentación participaron a concelleira de Cultura, Carmen Basadre; Javier Romai, da Caetra Lucensium; e Fernando Barriales, un dos expertos que impartirá unha conferencia sobre as técnicas de combate dos gladiadores de acordo coas fontes clásicas.

Ademais dos adestramentos na Casa da Xuventude, que serán abertos ao público, o encontro inclúe conferencias de dous expertos na materia e unha exposición sobre gladiadores que quedará instalada en Pórtaa Miñá.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here