InicioLugo e contornaO alcalde de Rábade impugnará o censo electoral para as municipais por...

O alcalde de Rábade impugnará o censo electoral para as municipais por “alteracións”

O CERA advertiu da alteración de preto de 20 persoas empadroadas neste municipio nos últimos días

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Rábade (Lugo), o independente Kiko Fernández Montes, anunciou este luns que o seu grupo impugnará o censo electoral para as municipais do 26 de maio debido a “alteracións”.

Respecto diso explicou que impugnará o censo despois de advertirse a alteración de preto de 20 persoas empadroadas neste municipio nos últimos días e despois de que a Oficina do Censo Electoral avisase ao Concello da  alteración.

O Consistorio, sinalou, abriu “expedientes”, aclarando o rexedor que “a información que manda a Oficina do Censo Electoral é individualizada“. “Unha vez feitas as comprobacións por parte do Concello abríronse os correspondentes expedientes”, abundou.

Fernández Montes acreditou que dita oficina “ten coñecemento dos resultados” das súas “xestións”. “E descoñezo o que vai facer”, asegurou. “No caso das eleccións municipais, pola parte que nos toca si que impugnaremos o censo por esas alteracións e no caso das xerais non podemos porque non nos presentamos e non temos, por tanto, capacidade legal (para impugnar o devandito censo)”, aclarou.

En canto a se sospeita de alguén para engordar o padrón, o rexedor limitouse a puntualizar que hai que entender que se actúa “como Concello” e, por iso, prevalecen as “garantías das persoas”, os dereitos neste caso dos 20 que foron inscritos no censo.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...