InicioLugo e contornaLugoRescatada en Lugo a menor de 15 anos supostamente raptada polo seu...

Rescatada en Lugo a menor de 15 anos supostamente raptada polo seu mozo en Valladolid

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil rescataron en Lugo a unha menor de idade despois de que os seus pais denunciasen un suposto rapto por parte do seu noivo na localidade de Olmedo, na provincia de Valladolid, e os investigadores tratan de determinar as circunstancias.

A moza, de 15 anos, foi rescatada o mércores por axentes da Garda Civil fortemente armados nunha vivenda da rúa Amizade, na zona do Castiñeiro, na cidade de Lugo e atópase en perfecto estado de saúde. Segundo o seu testemuño, o mozo, duns 18 anos, levouna de Olmedo (Valladolid) onde, a moza reside coa súa familia.

Fontes da Garda Civil explicaron que a investigación continúa aberta para determinar, coa achega dalgunhas testemuñas, o sucedido, xa que dispoñen de dúas versións totalmente diferentes sobre o sucedido. Engadiron que de momento hai dous detidos, pero non descartan que poida haber máis persoas arrestadas nos próximos días.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....