InicioSociedadeO Concello estuda pedir amparo no Constitucional pola ordenanza do galego

O Concello estuda pedir amparo no Constitucional pola ordenanza do galego

O Concello de Lugo podería solicitar amparo perante o Constitucional logo de que o Supremo ratificara a anulación parcial da ordenanza do uso do galego

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, comunicou aos voceiros da corporación municipal que os servizos xurídicos do Concello estudan presentar un recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional para tentar salvar a ordenanza de uso do galego. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu parcialmente a demanda de Galicia Bilingüe, sentenza despois ratificada polo Tribunal Supremo.

Méndez transmitiu que “non estan de acordo” coa resolución do alto tribunal, esgrimindo que a ordenanza foi aprobada por unanimidade no pleno en 2012, procurando situar en igualdade galego e castelán. “Igualdade na que non están, incluso prodúcese un retroceso, como reflicten os datos”, lamentou a rexedora. En defensa da ordenanza, estase a avaliar a posibilidade de acudir ao Constitucional.

Segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) recollidos pola alcaldía, o número de falantes habituais de galego menores de 30 anos caeu nun 44 por cento en 10 anos, e só un 13 por cento dos rapaces e rapazas de entre 5 e 14 anos falan sempre galego, “o que reflicte a perda da transmisión interxeracional”. A principios da década dos noventa, este idioma era a lingua inicial para o 62 por cento das persoas maiores de 15 anos; un cuarto de século despois, a porcentaxe baixou ao 43 por cento. 

Os puntos anulados pola xustiza

A sentenza do TSXG deixou sen efecto os artigos 7, 10 e 15, obrigando a suprimir certos parágrafos e termos dos artigos 1, 3, 4, 5, 8, 9, 12, 18, 24 e 26. O Supremo considerou que o recurso presentado polo Concello contra esta resolución carece de rigor e fundamentación cando remite á falta de claridade da sentenza, observando que o fallo da xustiza galega está en todo momento motivado.

Sobre os artigos obxecto da desputa legal, o Supremo indica que a administración local adolece de definición e “crea un estado de inseguridade” sobre a posibilidade de empregar o castelán para dirixirse ao consistorio; que a ordenanza “non é proporcional nin razoable”, que “colisiona co dereito a empregar o castelán”, e que “en modo algún se xustifica polo fomento do galego”.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...