InicioMovementos sociaisCon-Ética leva a caza con arco do xabaril perante a Fiscalía de...

Con-Ética leva a caza con arco do xabaril perante a Fiscalía de Medio Ambiente

A plataforma ecoloxista apunta á suposta ilegalidade da caza con arco en terreos de réxime especial e un presunto delito de prevaricación pola falta de informes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre (Con-Ética) presentou unha denuncia perante a Fiscalía de Medio Ambiente para solicitar a supresión do protocolo de caza con arco do xabaril aprobado para a cidade de Lugo. A asociación ecoloxista indica que a utilización de métodos excepcionais carece de xustificación e de soporte legal, polo que a a Xunta de Galicia podería incorrer nun delito de prevaricación.

Con-Ética sostén que a aprobación do protocolo debía estar supeditada á elaboración dun informe cualificado, no que quedase xustificada a excepcionalidade e os métodos máis axeitados para o control da especie a controlar. A plataforma, porén, non ten constancia dese estudo, salvando o mapa coas zonas de desbroce e as goridas do xabaril. Así, consideran que sen o amparo técnico, a resolución do protocolo podería derivar nun delito de prevaricación. E inciden asemade en que a caza con arco “unicamente pode desenvolverse en en terreos cinexéticos sometidos a réxime especial”, pois a Lei de Caza de Galicia non contempla “excepción ningunha” para autorizar esta modalidade, e menos en zonas alén das faixas de seguridade urbanas.

Outras irregularidades denunciadas inclúen a autorización de captura fóra da tempada de caza, o “inxustificado uso de medidas letais no canto de preventivas”, que consideran perigosas para a cidadanía, “a inexistencia da valoración dos danos causados” polo xabaril, “ou a prohibición de caza de crías e femias con crías”.

O Goberno pronunciarase acerca da caza con arco do xabaril no Senado

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...