A patronal lucense quere evitar a ruptura na Confederación de Empresarios de Galicia

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) pide seguir traballando "dende dentro", aínda que avisa de que non aceptará "ningún tipo de imposición"

Reunión dos empresarios de Lugo co delegado territorial | Xunta de Galicia
Reunión dos empresarios de Lugo co delegado territorial | Xunta de Galicia

EFE – Redacción | O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, asegurou que se abre “un período de reflexión” na patronal galega. As declaracións deste venres prodúcense logo de fracasar a reforma dos estatutos da organización. Malia predicar a necesidade de traballar “dende dentro” para evitar o cisma, o representante do empresariado lucense aclarou que non aceptarán en futuras negociacións “ningún tipo de imposición”.

En canto á posibilidade de que os empresarios de Pontevedra e Ourense estean a plantexarse o seu futuro na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), López lembrou que “xa houbo advertencias no pasado nese sentido”, mais a patronal nunca chegou a romper. En declaracións á axencia Efe, o secretario xeral da CEL insistiu en que calquera asunto que afecte á organización galega debe resolverse “por consenso”.

Así, advertiu de que os empresarios de Lugo non están dispostos a “a admitir ningún tipo de imposición”, e menos “de xeonllos”. “Ábrese un período de reflexión para seguir a traballar nos nosos estatutos”, explicou López. “Toca traballar” e deixar de especular “de se abandonamos ou non abandonamos” a CEG. Ao respecto, concluíu que “hai que traballar dende dentro”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here