InicioMovementos sociaisInspección de Traballo revisará a situación dos bombeiros de Lugo

Inspección de Traballo revisará a situación dos bombeiros de Lugo

O sindicato CC.OO. denuncia o Concello de Lugo perante Inspección do Traballo polas condicións de seguridade dos bombeiros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo terá que responder perante Inspección do Traballo por incumprir, segundo o sindicato Comisións Obreiras, a prevención de riscos laborais no corpo de bombeiros municipal. O organismo estatal revisará a carencia do plan de prevención e de avaliación de riscos, ademais da realización de “servizos extraordinarios non voluntarios”.

A Unión Comarcal de CC.OO. alertou de que estas eivas xeran “situacións que atentan gravemente” contra a saúde dos bombeiros. A delegación sindical precisou que carecen dunha xefatura operativa para organizar o servizo e “elaborar os procedementos de traballo”, aspecto que incide negativamente na seguridade do corpo.

Como consecuencia, o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento de Lugo está privado de actividades preventivas, información sobre os riscos asociados a funcións determinadas, ou formación teórica e práctica sobre os equipos e vehículos cos que prestan servizo. Por outra banda, CC.OO. sinala que o Concello “impón vía decreto” aos bombeiros a realización de “servizos extraordinarios non voluntarios”, resultando en “maior carga de traballo”, “desorganización do servizo”, tensión laboral e dificultades para conciliar a vida familiar.

De xeito paralelo, as probas para o acceso en propiedade a 12 prazas de bombeiro comezarán o 4 de marzo, coa previsión de que o proceso selectivo estea concluído nun prazo aproximado de tres meses. Fontes do Concello explican que a medida permitirá pasar de 38 a 50 efectivos no parque de bombeiros, cubrindo 6 prazas de xeito interino cos suplentes do proceso selectivo. 

“O risco para os bombeiros é alto, e para a cidadanía maior”

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...