InicioMovementos sociaisO desafío máis inmediato, auxiliar ás pequenas protectoras da provincia

O desafío máis inmediato, auxiliar ás pequenas protectoras da provincia

Logo do reforzamento do refuxio para animais de Lugo, coa notable ausencia da Xunta, cómpre atopar máis recursos para as pequenas protectoras

PUBLICADA O

- Advertisement -

A protectora de Lugo seguirá a contar con recursos escasos para o labor que aspira a desenvolver na cidade, porque o desafío é maiúsculo e queda moito por traballar en termos de conciencia social. Así as cousas, o incremento na axuda directa da Deputación, xunto coas ampliacións realizadas e por concluír, implicará mellores condicións para os animais. Sen descoidar esta atención na capital, este 2019 debe servir para ampliar as miras cara o resto da provincia.

Son os concellos de menos de 20.000 habitantes os que ofrecen condicións máis precarias para a recollida de animais, por mor da escala da administración. É por iso que a axuda supramunicipal é un vello requerimento das asociacións animalistas, en especial nun escenario en que o goberno autonómico –que ostenta as competencias– se caracteriza pola falta de sensibilidade cara esta problemática.

No presente exercicio, os novos orzamentos provinciais reflicten o continuismo da política con respecto á xestión do abandono animal. En termos numéricos, consta a maior achega á protectora lucense, despois da provisión de fondos realizada en 2018 para a construción da macrocanceira de Monforte, que comezará na primavera, e que absorbeu un terzo da partida para o coidado de animais. A urxencia negociadora e o feito de contar unicamente co Partido Popular para sacar adiante as contas impediron variar a liña estratéxica.

O caso da protectora de Lugo era urxente, sen dúbida. Así o reflicte a campaña da sociedade que xestiona o lugar de acollida, como tamén a colaboración co Club Deportivo Lugo ou o Durán Maquinaria Ensino, fundamentais para visibilizar o drama do abandono. Mais este soporte institucional e social está fóra do alcance das entidades de concellos máis humildes, con dificultades para xestionar os espazos, dar servizos axeitados e fomentar a adopción. A protección implica máis que construcións con ocos para cans e gatos.

Esta necesidade está relacionada coa construción da macrocanceira de Monforte, que dará servizo a 19 concellos, e con espazo para 150 exemplares. Os colectivos animalistas entenden que este modelo está máis pensado para o almacenamento que para un centro de acollida de animais abandonados. O exemplo está no centro homólogo de Ourense, tamén financiado pola administración provincial. 

Son cifras modestas en comparación coa protectora da capital lucense, que ten uns 400 animais en acollida, cantidade de lonxe maior á das novas instalacións para a zona sur. Durante o 2017 rescataron 1.200 animais de compañía e entregaron en adopción medio milleiro deles. Nos últimos anos, a Deputación entregou 400.000 euros para multiplicar por 13 a superficie e mellorar as instalacións con novos equipamentos.

O caso de Lugo ilustra o servizo público que realizan as organizacións sen ánimo de lucro, anterior á decisión de construír un gran centro de titularidade provincial  en Monforte. É por iso que se insiste en pedir a reestruturación dos fondos para financiar estes centros máis pequenos, mancomunados e conveniados. No 2018, a protectora de Xermade contou con 40.000 euros, e a de Valdouro-Alfoz con outros 85.000, cifras que expresan a importancia deste modelo.

“Hai que rachar co pacto de silencio sobre o abandono animal”

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...