Equo entrou na dinámica e “todo avanza segundo o previsto”. Podemos e Esquerda Unida (EU) continúan a rolda de contactos na que definirán os termos da alizanza para os comicios locais en Lugo. A percepción é positiva xusto antes de afrontar a confección dese “equipo plural”, a lista coa que competir o 26 de maio co “bloque de dereitas” de fondo.
Mais o avance prodúcese con cautela, “construíndo en base a todas as cousas que compartimos” e sen marcar prazos que tensionen as posicións. Despois de fixar os aspectos programáticos básicos, as forzas perciben “sintonía”, aínda que semella obvio que terán que acelerar a medida que se achegan as urnas.
E queda o máis difícil, estabelecer quen, e en que orde, resultarán elixibles pola coalición. Dende a parte de Podemos recalcan que nunca serán obstáculo para o acordo definitivo, pero cómpre lembrar que EU desmarcouse en 2015 da alianza estatal. Os equipos negociadores din que é momento de “esquecer as loitas e os purismos ideolóxicos”.
Podemos contacta en Lugo con integrantes de Anova e ex de Lugonovo