InicioMedioambiente e PatrimonioLugo guiará vía ordenanza a adaptación ao cambio climático de novas urbanizacións

Lugo guiará vía ordenanza a adaptación ao cambio climático de novas urbanizacións

O Concello licita o contrato de planificación dun barrio piloto que rexirá as solucións a aplicar nos sectores de Lugo aínda sen desenvolver

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo ten a determinación de mudar a cidade nun referente medioambiental. Con tal fin, disporá o deseño da planificación urbanística que servirá de modelo para todos os barrios por desenvolver, no que será o primeiro catálogo de medidas para a adaptación ao cambio climático de Europa.

Con tal fin, licitouse o contrato para a definición do que será o primeiro barrio multiecolóxico de España, ubicado na Garaballa por 156.000 euros. Cun prazo de execución de 10 meses, esta iniciativa piloto deberá liderar un novo modelo produtivo e complementar o edificio demostrador Impulso Verde, o primeiro centro público galego construído por enteiro en madeira. Este vangardista proxecto foi presentado e está pendente de licitación.

Baseándose no desenvolvemento do barrio multiecolóxico, o Concello recollerá as solucións de deseño urbano nunha nova ordenanza. En adiante, todos os sectores da cidade que están por desenvolver, de solo urbano non consolidado e tamén urbanizable, aplicarán de manera sistemática ditas solucións. O obxectivo é acadar Zonas de Confort Climático: áreas resilientes, enerxeticamente eficientes, e preparadas para eventos extremos.

Estratexia LIFE

Humedais das Gándaras, en Lugo | LIFE Lugo + Biodinámico
Humedais das Gándaras, en Lugo | LIFE Lugo + Biodinámico

As accións están previstas na estratexia LIFE Lugo+Biodinámico, financiada con  3,5 millóns de euros procedentes de fondos europeos, e no que colaboran a Deputación, o Campus Terra e a Universidad Politécnica de Madrid. Unicamente a Comunidade Autónoma de Andalucía e a cidade amurallada tiveron acceso a esta clase de fondos, consignados a plans de economía sostible que deben ter traslación física e duradeira, alén da adquisición de coñecemento.

O ámbito de actuación sitúase entre os dous parques industrais da cidade. O primeiro paso foi a revitalización das Gándaras, paisaxe propia e característica dos humidais e bosques de ribeira, cunha elevada biodiversidade concentrada nunha pequena superficie, e cun alto potencial na loita contra o cambio climático. Así, plantáronse 14 hectáreas, con 15.000 exemplares de 60 especies arbóreas.

O plan do Concello para o edificio demostrador Impulso Verde

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...