InicioSociedadeA defensa de Pilar de Lara, pendente do recurso perante o Poder...

A defensa de Pilar de Lara, pendente do recurso perante o Poder Xudicial

O letrado de Pilar de Lara di que contra a conduta da maxistrada non cabe tipo disciplinario e opina que a investigación débese ao "exceso de celo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A acción disciplinaria contra Pilar de Lara ten orixe “no exceso de celo”. Ese é o parecer do representante da maxistrada, Agustín Azparren, quen precisa que “non hai tipo disciplinario” no que encaixar a conduta da titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo. Así, confía en que o expediente aberto por dilacións inxustificadas “termine en nada”.

Sobre a causa que leva meses en curso, o avogado de Pilar de Lara asegurou que a conduta da clienta non é susceptible de penalización segundo os supostos contemplados polo Poder Xudicial. “Sexa a nivel do Consello Xeral do Poder Xudicial, sexa xa na sala terceira do Tribunal Supremo, eu espero que ao final termine en nada”.

A defensa da xuíza, que instrúe entre outras macrocausas a Operación Carioca, o Caso Pokémon ou a investigación do Garañón, está pendente do recurso presentando perante a comisión permanente do Poder Xudicial. Este organismo deberá decidir sobre a negativa do promotor da acción disciplinaria a aceptar as probas testificais propostas polo representante de Pilar de Lara, que inclúen os testemuños dos inspectores xudiciais.

“Polo demais, está paralizado o expediente”, confirmou Azparren. A defensa, que en todo momento descartou ralentizar o proceso para forzar a caducidade do expediente, confía en que os recursos sexan resoltos o antes posible. O prazo da investigación foi ampliada a un ano, polo que “segue habendo unha caducidade de seis meses”.

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...