InicioPolíticaOlga Louzao sobre posibles pactos municipais: "Vox non existe en Lugo, non...

Olga Louzao sobre posibles pactos municipais: “Vox non existe en Lugo, non ten candidatos, nin representación”

A voceira e candidata de Ciudadanos en Lugo, Olga Louzao, analiza a situación política municipal e a relación co resto de actores

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia Confidencial publica unha extensa entrevista con Olga Louzao, portavoz de Ciudadanos en Galicia e candidata desta formación na cidade das murallas. Lugo Xornal publica parte desa entrevista na que se amosa moi crítica coa actual alcaldesa a que acusa de “caos” municipal. Non avanza pactos, aínda que descarta facelo co PSOE.

Que expectativas electorais tes postas neste concello?
Pois dada a situación de auténtico caos pois as expectativas son boas.

Aspirades a gobernar en Lugo?
C’s sae coas ganas de ser unha alternativa clara de goberno, pero por unha razón moi sinxela, porque hai un PSdeG esgotado, que non foi quen de facer nada. Falaremos do 2019 dos temas do 2015 pero en peor estado; Garañón, Fábrica da luz, PXOM, praia fluvial. Nada disto se solucionou. Isto do PSOE e logo está un PP que é máis do mesmo, nunha guerra contínua na que só lle interesa un asalto ao poder. Por iso Ciudadanos é a alternativa, con xente nova, con ganas de traballar, que non arrastra pasado e que sabe o que quere Lugo porque o viviu, o vive e porque coñece a realidade actual.

Pero se hai cambio o pacto será co PP, non co PSOE?
Pero é que co Partido Socialista que hai nestes momentos fomos sempre moi críticos.

Ou sexa que das xa por feito un pacto co PP se hai posibilidades?
Non digo iso. Non sei que resultados se acadarán en maio e penso que ese tema haberá que falalos cando ese tema estea enriba da mesa. Non quero que falar de pactos aínda porque Ciudadanos vai saír nestas eleccións a ser unha alternativa clara ao PSOE. O que pase despois do 26 de maio xa se verá e analizará.

Pois eu lin nalgún medio que mesmo estabas aberta a un pacto co PP e tamén con Vox?
Para comezar Vox non existe. Non ten candidatura, nin representación. C’s temos claro cales son os nosos rivais. Haberá moitos máis pero nós temos claro cales son os nosos rivais. Nós non nos presentamos a estas campañas coa palabra pacto en ningún momento. Presentámonos cun programa claro para conseguir o apoio dos lucenses.

Pero desde logo co PSOE non ides pactar porque vai presentar a mesma candidata, que xa é alcaldesa, e coa que ti es moi crítica?
É moi complicado porque os catro anos do PSOE están causando moito dano en Lugo. Pero, insisto, nós temos o noso programa…

E cal é ese programa para Lugo?
Pois hai tanto por onde comezar. Hai un problema gravísimo no funcionamento interno do concello que hai que arranxar si ou si; falla de persoal, ofertas públicas de emprego, bombeiros, policía local…

Pero iso ides levalo no programa porque o funcionamento interno dos concellos soen ser habituais. En Vigo, con maioría absoluta, estamos vendo que hai problemas, en Ourense, na Coruña… Semella que é un problema endémico. Vos ides acabar con el?
Non coñezo o que pasa noutros concellos pero si o que pasa aquí e a súa casuística particular que arrastra carencias importantes en servizos esenciais que supón que teñamos continuas baixas na policía, problemas cos bombeiros, a RTP que causa problemas graves entre os traballadores que son os que sacan adiante as cuestións políticas do concello. O funcionamento do concello é o que marca a túa imaxe. E non ter unha casa ordenada pois é imposible que nada funcione. E depois hai asuntos que merecen moita atención como son os contratos da auga, que non haxa un bo servizo público.

Os que coñecemos Lugo vemos que quedou anclada no pasado permitindo que a xente fuxira da cidade e temos que crear máis dinámica empresarial e non apostar todo para o sector primario ou terciario. Temos que potenciar o campus universitario e o seu patrimonio. Non podemos ir a Fitur cunha invitación con faltas de ortografía. Non é un concello fácil e a herdanza é complicada con moitos problemas enquistados que van supor moitos gastos para a cidade. Por iso precisa un goberno forte e valente que non deba favores a ninguén e que non estea atada. Isto pasa en Lugo, con colectivos que inflúen nas decisións do concello e iso non pode ser.

Olga Louzao, voceira de Ciudadanos en Galicia e no concello de Lugo | Ciudadanos

Pero a que colectivos te refires?
Pois comprobamolo coa Federación de Veciños cuns orzamentos que nos presentou o PSOE que cinco grupos estabamos en contra.

Ou sexa, estás dicindo que a Federación de Veciños presiona ao Goberno municipal?
É un colectivo que ten liña directa co goberno. Unha liña directa que non temos os grupos da oposición que fomos elixidos democráticamente polos cidadáns. Iso é vox populi e xa llelo temos recriminado ao concello.

E cal é a relación que tes con Lara Méndez?
Pois é unha relación normal. Ela é alcaldesa e eu voceira de C’s. Hai asuntos nos que estamos totalmente en contra. E nun concello con seis grupos políticos non se pode gobernar por decreto e sen consensos. Non se pode gobernar sen negociar uns orzamentos, nin sobre as ordenanzas fiscais, mesas sectoriais como a da ORA. Isto ocasiona moito desgaste para eles e impide o avance da cidade.

E xa unha última cuestión. Sempre se fala de que a política é un mundo feminino. Preguntabache pola túa relación con Lara Méndez porque Lugo, por agora, debe de ser unha das poucas cidades que presenta a tres candidatas. Cres que xa está normalizada xa a política para as mulleres?
Non está normalizada desde o momento no que a nivel nacional non hai ningunha muller encabezando un partido político. Pero non é cuestión de homes ou mulleres, senón de persoas capacitadas que dean pasos adiante. Eu nunca tiven problemas para dar ese paso. Tiven moita liberdade e apios pero é importante que as mulleres non nos poñamos límites e sigamos asumindo responsabilidades, aínda que supón un custe persoal importante.

Algunha quiniela de resultados?
Non me animo.

Entón non cres que vaias gañar?
Eu penso que Ciudadanos vai sacar moi bos resultados e vai ter opcións de gobernar pero aínda non sabemos quen se vai presentar. Nós o que si faremos é traballar moito.

Podes ler toda a entrevista en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...