Un atropelo en Lugo deixa ferida a unha moza de 20 anos

Un vehículo atropelou á moza na Ronda das Fontiñas, onde recibiu os primeiros auxilios antes de ser trasladada ao centro hospitalario Polusa

Hospital Polusa
Hospital Polusa

EFE – Unha xove de 20 anos de idade resultou ferida polo alcance dun vehículo en Lugo. O atropelo aconteceu na Ronda das Fontiñas pasadas as oito da mañá deste venres.

A rapaza, B.C.M., foi tratada nun primeiro momento no mesmo lugar do accidente por un equipo sanitario do 061, segundo informaron fontes do Centro Integrado de Atención a Emerxencias (CIAE).

Despois de recibir os primeiros auxilios, a moza que sufriu o atropelo foi trasladada na ambulancia asistencial ao hospital Polusa, centro no que recibirá os coidados preceptivos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here