InicioSociedadeA neve amaina mais os efectos da borrasca persisten nas estradas

A neve amaina mais os efectos da borrasca persisten nas estradas

A borrasca diminúe en intensidade cara o domingo, aínda que a Deputación recomenda circular con precaución polas estradas do leste da provincia e portar cadeas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Axencia Estatal de Meteoroloxía levantou as alertas por neve, mentres que Meteogalicia mantén o nivel amarelo pola acumulacións de ata cinco centímetros, situando a cota nos 700 metros. Previsión máis pesimista a que manexa a Deputación para este sábado, alertando de neve por enriba dos 300 metros, polo que recomenda portar cadeas e reducir os desprazamentos polas estradas na medida do posible.

As acumulacións de neve e xeo notáronse durante esta madrugada en 22 concellos da provincia de Lugo. A situación meteorolóxica adversa fixo necesaria a intervención do dispositivo invernal sobre todo na alta Montaña. Concretamente, as localidades máis afectadas son os de Cervantes, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel.

Asemade, persisten as dificultades nas estradas  da Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ribeira Piquín, Quiroga, Ribas de Sil, Triacastela, Becerreá, As Nogais, O Incio, Samos e Baleira. Ademais, nestes intres cómpre transitar con extrema precaución en Taboada, Chantada, Carballedo, Baralla, O Corgo, Ourol e Muras.

Así as cousas, varias estradas que permanecían pechadas por inundacións foron reabertas. É o caso das vías asolagadas nos concellos de Cospeito, A Pobra do Brollón, Vilalba e Xermade. Porén, fica pechada ao tráfico a estrada de Baralla, LU-P-0502 por desprendementos, e a vía de Begonte, LU-P-0802, aínda inundada pero permitindo circularse por un carril.

Atención ás temperaturas mínimas

Na Fonsagrada, a temperatura mínima rexistrada durante a madrugada foi de -0,8ºC, e en Folgoso do Courel, -1,4. Porén, entre as estacións a máis de 900 metros, Cervantes chegou a -4,0 e O Cebreiro marcou -4,2 graos centígrados. Estas cifras permanecerán estables de cara o domingo na Montaña.

Non será así no centro da provincia e a Chaira, onde as mínimas caerán incluso catro graos, situándose en dous graos negativos, incluída a capital lucense. A xornada traerá ceos parcialmente despexados, e na que as temperaturas irán remontando. 

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...