InicioSociedadeA importancia da hemodinámica 24 horas segundo o xefe de Cardioloxía do...

A importancia da hemodinámica 24 horas segundo o xefe de Cardioloxía do HULA

Juan Carlos González Juanatey, xefe de Cardioloxía no HULA, explica as vantaxes do horario continuado no servizo de hemodinámica

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dende a inauguración do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), a Xunta de Galicia esgrimiu razóns técnicas para negar un servizo de hemodinámica as vinte e catro horas. Porén, despois de sete anos de reivindicacións, o centro hospitalario de referencia na provincia contará con horario continuado para atender as complicacións cardíacas. O xefe de Cardioloxía, Juan Carlos González Juanatey, describe a trascendencia desta medida tan demandada.

En primeiro lugar, a consolidación definitiva do horario de hemodinámica –ampliado progresivamente dende as 14.00 horas– “completa a atención” na área sanitaria. Cómpre ter en conta que ata “un vinte e cinco por cento” dos infartos agudos de miocardio atendidos na provincia prodúcense durante a noite. O responsable de Cardioloxía sempre defendeu un servizo sen interrupción en base a este feito.

Mellora nos tempos de diagnóstico e intervención

Equipo de cardioloxía do HULA | cardiologia-lugo.com
Equipo de Cardioloxía do HULA | cardiologia-lugo.com

Así, Juanatey calcula que dos 170 infartos nos que se sitúa a provincia no curso do ano, máis de 40 quedaban fóra do horario de hemodinámica. Co cambio de postura do Sergas, a partir do 18 de febreiro estes casos poderán tratarse directamente polos expertos de Cardioloxía do HULA.

“Estabamos a esperar que se convertese en realidade”, comenta Juanatey, en referencia ao anuncio do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. “O servizo ampliado vainos permitir atender a eses pacientes e facer unha anxioplastia primaria, recortando os tempos dende o diagnóstico ata a apertura da arteria, que serán de menos de noventa minutos”.

O cardiólogo compostelán, con orixes na Barbanza e Noia, confía en que o actual equipo de Cardioloxía sexa abondo. “Temos unha estrutura asistencial para atender a todos os pacientes”, explica. A estrutura do HULA comprende tres hemodinamistas e un grupo de enfermaría, que para cada caso mobilizan un especialista e dous auxiliares. “Con tres hemodinamistas estamos a cubrir as gardas, esperamos dar resposta para cubrir as 24 horas ao día e os 365 días do ano”.

Jesús Vázquez: “A xente anónima é protagonista no éxito da hemodinámica”

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...