InicioPolíticaO Partido Popular evita posicionarse na Deputación sobre a Atención Primaria

O Partido Popular evita posicionarse na Deputación sobre a Atención Primaria

A formación xustifica a abstención nunha moción perdida de antemán na que se insta á Xunta de Galicia a ampliar a Atención Primaria na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sesión plenaria de xaneiro centrou gran parte do debate na situación da sanidade na provincia. Finalmente, o Partido Popular viuse na obriga de absterse na moción que insta á Xunta de Galicia a mellorar a Atención Primaria en Lugo, votación que prosperaría en calquera caso polo voto positivo do Partido Socialista (dez deputados), o Bloque Nacionalista Galego (dous) e do deputado non adscrito Manuel Martínez.

O secretario xeral dos socialistas lucenses, Álvaro Santos, radiografiou a precariedade crecente do servizo dende o primeiro mandato de Alberto Núñez Feijóo na Xunta de Galicia. Así, explicou que os centros de Atención Primaria contan con 23 médicos menos, dos cales 7 foron desbotados dende mediados de 2018. O deputado de Relacións Institucionais salientou tamén a eliminación de dous consultorios.

Santos explicou que foron trece os concellos afectados polos recortes, oito deles do centro da provincia (Begonte, Castroverde, Cospeito, Friol, Guitiriz, Navia de Suarna, A Pastoriza e Pedrafita do Cebreiro), un mariñán (Ourol), e catro da terra de Lemos (Monforte, Sarria, O Saviñao e Taboada). O representante socialista acusou aos populares de priorizar un criterio “aritmético e non asistencial”.

Deputación de Lugo

Dende o Partido Popular, Mari Teijeiro precisou que o cociente na provincia é dun facultativo por cada 1.275 habitantes, superior ao que mencionara Santos. A deputada conservadora gabou a sanidade galega por ser “un dos mellores modelos de España”, sendo a quinta comunidade autónoma “co maior gasto consolidado”. Aliás, xustificou a abstención na moción da Atención Primaria porque a formación “non ten complexos” e “quere que se mellore a sanidade”.

Polo Bloque Nacionalista Galego, Antonio Veiga lembrou os problemas no servizo de pediatría que afecta en especial grao aos municipios da Mariña. O representante da fronte nacionalista quixo tamén chamar a atención sobre a “alarma social” que xera a desidia coa Atención Primaria. Os deputados deste grupo portaban camisetas coa consigna Aquí, agora, sempre, salvemos a sanidade pública.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...