InicioMovementos sociaisA manifestación feminista unitaria do 3 de marzo será en Lugo

A manifestación feminista unitaria do 3 de marzo será en Lugo

Galegas 8M convoca a manifestación feminista unitaria para o domingo 3 de marzo en Lugo, como preludio da Folga de Mulleres do 8 de marzo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A manifestación feminista unitaria terá Lugo como escenario o vindeiro 3 de marzo. Así o decidiu a asamblea de Galegas 8M, valiando o formato itinerante desta convocatoria. Será o preludio da Folga de Mulleres do 8 de marzo.

A reunión a nivel galego recolle o espírito do paro organizado do 2018. Galegas 8M reanudou as xuntanzas dende finais do ano pasado, celebrando senllas asambleas en Cambre e Allariz, esta última o 12 de xaneiro. Así se acadaron os primeiros acordos, que comprenden, ademais da data e o lugar da manifestación feminista unitaria, o lema Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista.

Como anunciou a plataforma, coordinaranse rutas de transporte colectivos cara a Lugo con motivo da manifestación feminista unitaria. Os grupos de traballo de Galegas 8M desenvolverán todo o necesario, e convidan a todas as mulleres que queiran participar da organización a contactar a través das redes sociais ou no enderezo 8m2018@gmail.com.

8M, Folga de Mulleres

Ruada do 8-M

O propio 8 de marzo convocarase de novo a Folga de Mulleres nos eixos laboral, estudantil, de coidados e de consumo, informou a plataforma. Organizarase a nivel local con asembleas e xuntanzas abertas en diversas localidades.

Precisamente, Galegas 8M formouse en decembro de 2017 a prol dun Día das Mulleres a nivel galego “o máis diverso, horizontal e inclusivo posible”. A asemblea inclúe ducias de colectivos, plataformas e organizacións feministas e mulleres a título individual; ten carácter itinerante, realizando as xuntanzas en distintos puntos de Galicia.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...