InicioPolíticaO Parlamento preguntará pola clausura por contaminación da delegación de Sanidade en...

O Parlamento preguntará pola clausura por contaminación da delegación de Sanidade en Lugo

O Bloque Nacionalista Galego quere saber o resultado dos estudos encargados a unha empresa para ditaminar a causa da contaminación na delegación de Sanidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

Mentres os empregados da delegación de Sanidade de Lugo son trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de xeito provisional, o executivo que preside Alberto Núñez Feijóo terá que informar no Parlamento de Galicia do motivo para a clausura do edificio. O Bloque Nacionalista Galego rexistrou varias preguntas acerca dos informes encargados polo goberno autonómico para comprender a orixe da contaminación que levaba anos causando problemas de saúde entre os traballadores.

En representación da fronte nacionalista, Olalla Rodil preguntará pola suspensión das actividades da delegación de Sanidade en Lugo en decembro de 2018. O enclave, ademais das funcións administrativas correspondentes para o departamento, alberga o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, responsable das análises en programas de vixilancia e control a nivel autonómico. Na actualidade, o persoal está parcialmente transferido no HULA mentres se reforma o inmoble da rúa Montevideo.

Olalla Rodil | BNG

A parlamentaria por Lugo explica que o público debe coñecer as razóns polas que o medio cento de empregados sufrían problemas no sistema dixestivo, respiratorios e outras molestias. Esta circunstancia foi detectada hai anos, e denunciada perante a Consellería de Sanidade e, máis recentemente, diante da Inspección de Traballo, que deu o aviso definitivo.

Foi entón, a finais de 2018, cando a Xunta de Galicia encargou a unha empresa especializada a identificación do axente contaminante. O goberno galego creou asemade un gabinete técnico para avaliar no tempo a reforma da delegación de Sanidade, co correcto illamento do Laboratorio. Mais o contido dos estudos non trascendeu ata o de agora, e unicamente se comunicou o plan de reforma no edificio da delegación de Sanidade.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...