A Xunta de Galicia instalará gaiolas para frear a presenza de xabarís nas rúas de Lugo. A esta medida hai que engadir o cerco e limpeza dos refuxios do animal, que o goberno autonómico encomendou á administración local. O anuncio da Delegación Territorial prodúcese horas despois do paso de tres animais pola Fonte dos Ranchos, intersección entre o barrio da Residencia, A Milagrosa e o casco histórico.
Para que pensar en extraterrestres si en Lugo nos invaden los jabalíes pic.twitter.com/LVNGQLVzw3
— Excmo. YO (@d0p4_m1n3) 21 de xaneiro de 2019
A instalación das gaiolas realizarase nos días vindeiros, priorizando aquelas zonas de paso de xabarís nas que a lexislación impide usar armas de fogo. No espazo urbano está prohibida así mesmo a persecución con cans. Os especialistas da Xunta xa entregaran ao Concello de Lugo un mapa que sinala as goridas do porco bravo na contorna da cidade.
En base a ese documento, o executivo local confirmou o inicio dos traballos de roza en leiras de titularidade pública. Aliás, dende a alcaldía lembran que a disuasión é competencia da Xunta de Galicia, e sitúan a “planificación do monte” na orixe do problema.
A Xunta cercará os xabarís en Lugo e os animalistas piden medios non letais