InicioMovementos sociaisDenuncian a intervención policial nun acto animalista autorizado en Lugo

Denuncian a intervención policial nun acto animalista autorizado en Lugo

O acto O Cubo da Verdade, de Anonymous for the Voiceless, realízase regularmente co prace da Subdelegación do Goberno

PUBLICADA O

- Advertisement -

O movemento asambleario Lugo Sen Mordazas denuncia que a Policía Local desaloxou o venres a seis persoas que realizaban un acto animalista autorizado na Praza Maior. A acción, denominada O Cubo da Verdade, é realizada por Anonymous for the Voiceless mensualmente dende abril de 2018, desenvolvéndose ata o de agora sen inconvinte.

Esta iniciativa de concienciación a prol dos dereitos dos animais consiste nun grupo de persoas que, vestidas de negro e enmascaradas, agrúpanse para amosar imaxes e vídeos sobre explotación animal. Segundo a coordinadora, Marta Castro, o obxectivo é demostrar “que hai detrás da industria cárnica, as peles ou a industria dos ovos, achegando o veganismo á xente”. Os organizadores aseguran que, como en cada ocasión, deron aviso na Subdelegación do Goberno con dúas semanas de antelación, e que o trato cos efectivos policiais foi “sempre cordial”.

Porén, este venres a situación foi distinta. Como relatan os participantes, dous axentes da Policía Local interromperon o acto animalista “cunha actitude seca”, e fixeron caso omiso do comunicado da institución gubernamental. Así, deron orde de cesar a manifestación “alegando que ese papel o poderían ter feito eles mesmos” e que estaban “molestando”.

Os integrantes de Anonymous explican que é “evidente” que non molestaban, reunidos nunha “rúa peonil ampla” na que “os activistas sempre abrían paso para deixar pasar aos poucos vehículos que circulaban”. Tampouco consideran que causaran molestia nos viandantes, alegando que “nin sequera abordamos á xente en ningún momento, simplemente falamos con quen se mostra interesada e se achega a nós”.

Dende Lugo Sen Mordazas critican “un episodio máis na coacción da liberdade de expresión”, advertindo de que tomarán medidas e estudarán o tema a nivel xudicial, preparando posibles accións en solidariedade cos activistas animalistas.

Lugo Sen Mordazas, da crisálide a axente cultural e de debate

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...