InicioSucesosEn prisión o xove que agrediu a unha muller cunha banqueta nun...

En prisión o xove que agrediu a unha muller cunha banqueta nun pub de Lugo

O agresor causou feridas na cabeza con abundante sangrado á muller, que se atopaba na pista de baile en compañía da parella sentimental

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a un varón de 29 anos por un delito de lesións, como responsable da agresión a unha muller nun pub de Lugo. A vítima atopábase nun pub de Lugo, na madrugada do martes, cando foi golpeada na cabeza cunha banqueta, nun posible caso de violencia de xénero.

Como consta no informe policial, as forzas da orde recibiron un aviso contra as 2.40 horas do martes, despois de que un mozo chamara á sala de emerxencias do 091, indicando que a súa parella fora agredida no pub.

A patrulla policial persoouse no lugar, atopando á muller con feridas de consideración na cabeza “polas que sangraba abundantemente”, en palabras dos axentes. Foi necesaria a presenza dos servizos médicos no local.

Segundo o relato do corpo, un home aproximouse por detrás da vítima cando esta se atopaba bailando en compañía do noivo, e golpeoulle na cabeza cunha banqueta. O agresor foi localizado agochado no almacén do establecemento, e no intre en que foi sorprendido, tentou “evadirse da acción policial, sen conseguilo”.

O detido foi levado aos calabozos da comisaría da Policía Nacional, e posto a disposición xudicial na tarde do martes, decretándose o seu ingreso en prisión. No operativo interveu o Grupo de Radio Patrullas da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...