InicioSucesosInterceptado en Lugo transportando 60 quilos de haxix no maleteiro

Interceptado en Lugo transportando 60 quilos de haxix no maleteiro

Ante a presenza das patrullas, o detido comezou a realizar manobras estrañas e foi finalmente localizado nun control móbil con dous paquetes de droga agochados

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou detido en Lugo por transportar 60 quilos de haxix ocultos no maleteiro do coche que conducía. O individuo, acusado dun delito contra a saúde pública, foi interceptado pola Policía Nacional no sur da cidade.

O varón, de 41 anos, circulaba con dous paquetes de estupefacientes agochados. No intre en que se decatou da presenza de varias patrullas, “comezou a realizar manobras estrañas co vehículo que conducía”, segundo fontes do Corpo Nacional.

Finalmente, este home con antecedentes penais por tráfico de drogas foi localizado nun control móbil rutineiro, estabelecido por mor da campaña de vixilancia de consumo de droga durante as festas de Nadal. No rexistro foron intervidos 60 quilos de haxix que levaba no maleteiro do coche.

O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo, que decretou o seu ingreso en prisión. O operativo policial foi levado a cabo polo Grupo de Drogas da Brigada Provincial de Policía Xudicial, como confirmaron os servizos de información da Comisaría de Lugo.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...