InicioLugo e contornaA rapazada de Lugo loitará contra o cambio climático grazas aos Bolechas

A rapazada de Lugo loitará contra o cambio climático grazas aos Bolechas

Os Bolechas colaboran co Concello en concienciar e sensibilizar aos nenos e nenas sobre o uso dos recursos naturais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os Bolechas fan un barrio multiecolóxico en Lugo, é o último libro do autor e debuxante Pepe Carreiro, que se enmarca nas accións do programa europeo Life Lugo+Biodámico encamiñadas a  concienciar sobre o cambio climático aos nenos e nenas de Lugo.

Na obra, son os propios irmáns Bolechas os que, coa axuda do Concello, que impulsa o proxecto, comezan a construír un barrio ecolóxico e sostible, utilizando, ademais, recursos naturais de Galicia como é a madeira. Ademais do Concello, colaboran cos Bolechas a Deputación de Lugo e as Universidades de Santiago de Compostela e a Politécnica de Madrid, que son as institucións e administracións colaboradoras do Life.

Durante a presentación da iniciativa, Lara Méndez agradeceu a Pepe Carreiro a súa implicación con este proxecto, “que permitirá que os nenos e nenas coñezan máis de cerca e dun xeito divertido como deben ser as vivendas e as contornas urbanas para convertelas en máis ecolóxicas e sostibles”. A alcaldesa falou dos máis cativos non só como os herdeiros do modelo de cidade que se está a planificar, senón tamén como os que deberán continuar con esta labor no futuro.

O barrio multiecolóxico que levantan os Bolechas no seu conto terá a súa plasmación real no barrio que impulsa o Life, que se ubicará na Garaballa e que será o primeiro de España destas características onde se aplicarán deseños urbanos resilientes. O primeiro edificio, que se chamará Impulso Verde será de usos municipais. Segundo apunta o concello nun comunicado, as solucións que se aplicarán neste barrio van dende a recollida de auga de choiva para a súa reutilización, por exemplo no rego das zonas verdes, ata a implantación dun sistema propio de reutilización da fracción orgánica do lixo. Tamén haberá medidas de aforro enerxético coa simple orientación dos viais, zonas verdes ou edificios buscando aproveitar o sol e os ventos dominantes.

O libro será repartido polos propios irmáns Bolechas, aos que o Concello de Lugo invitou a pasar o Nadal o vindeiro día 4, xornada na que percorrerán nun divertido pasarrúas o casco histórico, a partir das 18:00h, dende a praza de San Marcos ata o Vello Cárcere, onde se celebrará a festa final.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....