InicioCultura«A nosa idea co Fa Ce La Fest sempre foi un gran...

«A nosa idea co Fa Ce La Fest sempre foi un gran festival para Lugo»

Falamos con Celes, principal organizador do festival de música independente Fa Ce La Fest – Máis de vinte artistas estarán en Lugo esta fin de semana, este venres 25 e o sábado 26

PUBLICADA O

- Advertisement -

Orixe

É a terceira edición dentro dun proceso evolutivo que comezamos cun festival pequeno, que eu só montei no Club Clavicémbalo. Como a resposta foi moi boa, e vin que había un oco moi grande para a música alternativa –aínda que xa houbo pioneiros coma Festiblas–,

o ano pasado xa o montamos no Círculo das Artes. Foi unha cousa máis profesionalizada con tres organizadores, e este ano xa somos sete. Desta vez montámolo ao aire libre, é o primeiro destas características e deste potencial en Lugo, é unha evolución moi grande.

Quenes

Eu son avogado, para a meirande parte de nós é un hobby, malia aumentar a dedicación ao festival. Eu dou clases tamén, polo que esta é a miña terceira dedicación. Comecei cun blog, Facela, que tiña un estilo crítico coa escena cultural de Lugo; chegou un momento en que en vez de criticar, en vez de soñar con facelo, comecei a falar de facer concertos –coma os de Josele, Ceviches…– e formatos para o festival.

Coñecín a este rapaz portugués, Paulo, que estivo en grandes eventos, que foi o primeiro socio; e despois entrou Alberte, outro rapaz que é de Lugo; xa este ano entraron outros dous socios principais, que me axudan ao cen por cen, Xurxo e Iván. Somos xente de Lugo, que gostamos da música alternativa, que iamos a festivais de fóra e botábamos en falta facer un festival na nosa casa, e durmir na nosa cama.

Cartel

Esta edición é ecléctica. Podes atopar rock and roll ou formatos máis clásicos, noventeros, coma Doctor Explosión; ou un indie-pop de autor coma Sr. Chinarro, ou Rufus T Firefly, o noso concerto ‘Cinco Estrellas’ do noso principal patrocinador, quen fai que sexa posible xunto coa nosa aportación económica.

Logo hai rapaces que comezan e serán un éxito total, coma Carolina Durante, que xa saíu en ‘Fariña’ e que teñen dous EP publicados, e en Youtube ten centos de miles de visitas, polo que adiantámonos, nese senso; Apartamentos Acapulco, que son de Granada e veñen apadrinados por Los Planetas; os madrileños Papaya, que serán un éxito asegurado; e o máis especial serán os norteamericanos que traemos, Richard Lloyd –guitarrista de Television– e Mark Johnson… traer a Lugo a monstros deste calibre é un motivo de orgullo.

O cincuenta por cento restante é de bandas galegas, coma todos os anos, e de elas tres de Lugo, pois sempre apostamos pola presencia de Lugo: Sigilu, Berta Franklin e KadettGSI, cada un dun estilo diferente, de electrónica ao indie máis clásico

En Lugo

Eu penso que Lugo non é unha plaza difícil, o público responde. Tamén hai que educalo e acostumalo a ver cousas de calidade. A resposta foi moito máis positiva do que pensabamos. Habería que darlle máis pulo á cultura en Lugo: entre un vinte e un trinta por cento dos asistentes son de fóra, ata duascentas persoas de Asturias, de León, e hai que pór en valor as iniciativas privadas. igual é máis importante isto ca os partidos de fútbol.

Nós temos o apoio da Deputación, que nos cede o espazo –canda o Campus Terra–; o que é un alivio, porque en Lugo non hai todos os locais que nos gostaría ter. Para nós é un apoio loxístico fundamental, e se non o tivéramos, non tería estas características o festival.

A nosa idea sempre foi un gran festival para Lugo: avanzar, seguir medrando coma o facemos, dun xeito importante, en público pero tamén en infraestruturas e seguridade. Cada ano veñen os mesmos do anterior e duplícase o arrastre de xente. Queremos medrar coa aportación de todos. O efecto arrastre é moi importante para a economía de Lugo, a cidade ten que volcarse.

Afluencia

A venta anticipada funcionou moi ben. O problema sempre é o tempo, que asustounos un pouco e por iso montamos a carpa xigante, para garantir a comodidade e que saiban os asistentes que non haberá problema para comer, beber e ver os concertos, non haberá problema nese senso. A afluencia será moi boa, esperamos entre quiñentas e seiscentas persoas entre os dous días.

Expectativas

Seguir sementando. Seguir medrando e facer o festival máis grande, sempre apostando polo local, con grupos que veñan de fóra máis importantes. Non renunciamos a grupos nacionais de calidade nin ao internacional. Medrar non ao tolo, senón co noso público e os nosos patrocinadores, de xeito sostido pero nunca quedando no que fixemos o ano anterior. Esa é a premisa, que queda clara polo cartel que traemos.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...