InicioEconomíaLugo rexistra en novembro o peor dato de contratación de Galicia

Lugo rexistra en novembro o peor dato de contratación de Galicia

O desemprego ofrece a peor cara na provincia de Lugo, que é a que máis contratación perde con respecto ao mes de outubro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Novembro rachou a tendencia histórica cara a destrución de emprego en España, mais desta vez a excepción foi Galicia, que si rexistrou un aumento no número de parados. Na comunidade hai 625 desempregados máis que no mes anterior, un 0,37 por cento máis. Este dato débese á caída da contratación, que afectou especialmente á provincia de Lugo.

Na serie mensual, o desemprego subiu en Lugo un 1,23 por cento, o peor dato das catro provincias galegas en termos relativos, o que equivale a 202 parados máis. Unicamente Ourense conseguiu un saldo positivo na demanda de emprego en novembro, sacando 334 persoas do servizo público de emprego (antigo Inem).

A parte positiva aparece na taxa interanual, na que Lugo presenta 1.694 desempregados menos con respecto ao mesmo mes do ano anterior, un 9,25 por cento menos.

Descenso na contratación

Os contratos descenden en todas as provincias, mais é Lugo a que encabeza a diminución, cun negativo 20,97 por cento, ou o que é o mesmo, 2.329 contratos menos dos asinados en outubro. Caeron máis os contratos de tipo indefinido (19,69 por cento) ca os temporais (18,28), que seguen a ser dez veces máis habituais.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...