InicioEconomíaRozas, trampolín de Boeing a un mercado de tres billóns de dólares

Rozas, trampolín de Boeing a un mercado de tres billóns de dólares

A base de Castro servirá para as probas do novo grupo da compañía, Boeing NeXt, división centrada na mobilidade aérea autónoma

PUBLICADA O

- Advertisement -

A comezos de novembro anunciouse a incorporación de Boeing á segunda xeira de compra innovadora da Xunta de Galicia, para desenvolver a compatibilidade entre aeronaves convencionais e non tripuladas. A estrea do xigante norteamericano na base de Rozas será asemade a estrea da nova división NeXt, creada especificamente para colaborar con outras compañías no perfeccionamento do voo autónomo, con novos sistemas de propulsión, conectividade de sensores e infraestruturas intelixentes.

No horizonte, cidades nas que a presenza de aeronaves non tripuladas será fundamental para o transporte de persoas e mercadorías, inspeccións de mantemento de infraestruturas e industrias, ou asistencia para emerxencias. Un mercado que, segundo as primeiras estimacións, acada os tres billóns (con b) de dólares, tres veces o Produto Interior Bruto de España.

A singular ubicación do aeródromo de Rozas é ideal para desenvolver as plataformas coas que Boeing quere dominar o futuro da mobilidade aérea. A contorna de Castro ofrece espazos seguros, con escaso tráfico, variedade no terreo para o calibrado de sensores, e condicións climáticas variables ao longo do ano coas que traballar nos sistemas de navegación e guía.

De Boeing dependerán 58 postos de traballo altamente cualificados en Rozas, a metade dos que se instalarán na segunda fase de crecimento do Centro de Investigación Aeroportada (CIAR). A Xunta achega para este proxecto catro millóns de euros, por outros catro da aeronáutica estadounidense. Así, o segundo fabricante mundial de aviación probará en Lugo solucións punteiras coma a Intelixencia Artificial que constrúe con SparkCognition para organizar o tráfico aéreo, radares de navegación, análise de datos ou ciberseguridade.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...