InicioSucesosAtopan en Lugo á rapaza de 15 anos desaparecida en Arteixo

Atopan en Lugo á rapaza de 15 anos desaparecida en Arteixo

A Garda Civil buscaba á menor desaparecida dende o serán do mércores, cando saíra a pasear en Arteixo, deixando o can atado na rúa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A rapaza de Arteixo desaparecida foi atopada en perfecto estado na cidade de Lugo este xoves. Así o transmitiu a Garda Civil, que buscaba á menor dende a tarde do mércores, cando saíra a pasear pola zona de Pescanova.

A familia dera aviso ao Instituto Armado logo de que a rapariga, de quince anos, fora vista por última vez arredor das 18.45 horas do mércores.

Non había rastro da menor, que deixara o can atado na rúa. Felizmente, foi ela mesma quen chamou por teléfono ao seu pai, permitindo a localización.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...