InicioMovementos sociaisProtestas no Concello contra a nova RPT por “inxusta”

Protestas no Concello contra a nova RPT por “inxusta”

Os manifestantes entraron no pleno municipal para rexeitar a RPT porque establece “graves diferencias” entre os grupos laborais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un grupo de manifestantes concentrouse no Concello á hora de comezo do pleno para protestar contra a nova Relación de Postos de Traballo (RPT). A reestruturación laboral obtivo o prace da Mesa Xeral de Negociación a pesar da oposición da CIG, que inicialmente mostrárase disposta co obxecto de paliar a situación na Escola Municipal de Música.

O goberno local admitiu que a nova RPT é insuficiente para desbloquear a lea do servizo municipal, mais existe consenso entre todos os actores de que cómpre sacala adiante. O problema é o xeito en que o executivo a quere materializar, e as persoas concentradas o teñen claro. “Non queremos que saia prexudicado ningún grupo profesional; o único que queremos é que os cambios sexan iguais para todos, na mesma medida”.

Falta de xustificación nos criterios

E é que a RPT proposta é considerada “inxusta” por estabelecer diferencias “graves” entre os distintos traballadores do Concello. Denuncian que non é equitativa, nin está feita seguindo os pasos preceptivos. Os sindicatos convocantes están molestos polas diferencias entre o documento inicial e a versión final que se trasladou para a Mesa de Negociación.

“En principio, había un traballo feito por unha empresa privada, no que este Concello investiu moitos cartos, e en base a ese traballo xurdiron unha serie de documentos que agardaron mellores tempos durante anos”.  O punto máis polémico é a valoración en forma de puntos para outorgar os complementos, presentada sen as fichas descriptivas dos postos de traballo.

“Debemos empezar pola base, debemos ter en conta as funcións do posto de traballo, e a partir de aí, falaremos de como se valora ese posto”. Advirten os grupos concentrados no Concello que, de saír adiante a nova RPT, haberá grandes diferencias entre os grupos profesionais. “Os cambios se fan sen aterse a uns mínimos criterios lóxicos e igualitarios. Iso é o que non podemos defender”.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...

Extinguido un incendio forestal en Guitiriz, que afectou a 8,4 hectáreas

O incendio forestal que permanecía activo desde este domingo no municipio lucense de Guitiriz...