InicioEconomíaSe estudaches en Lugo e careces de experiencia, a Deputación oferta 23...

Se estudaches en Lugo e careces de experiencia, a Deputación oferta 23 prazas

A inscrición para optar a algunha das 23 prazas que ofrece na Deputación para titulados na provincia estará aberta ata o 3 de decembro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo ofrece un total de 23 prazas de emprego a persoas recentemente tituladas en ciclos e graos impartidos na provincia, e que asemade carezan de experiencia laboral no eido. A deputada de Promoción Económica, Sonsoles López Izquierdo, informou de que son contratos en prácticas para traballar no propio organismo provincial durante un máximo de dous anos.

Esta nova programación de emprego do goberno provincial chámase Primeira Oportunidade. “Deseñamos estes perfís en base á oferta formativa lucense. Tivemos en conta polo tanto as especialidades dos nosos centros de ensinanza superior, ademais das necesidades de cada un dos servizos da Deputación”.

Co programa, a Deputación tenta ofrecer saída laboral ás persoas que se formaron na provincia, nas titulacións de Formación Profesional e Grao ofertadas en Lugo. Segundo explicou a responsable do departamento de emprego provincial, trátase de frear a fuga de talento, facilitando á cidadanía lucense a adquisición de experiencia laboral no seu ámbito profesional, iniciando a súa traxectoria profesional provincia.

Requisitos, perfís e prazos de inscrición

Os requisitos para participar neste proceso de selección pública son, no caso de ter máis de 30 anos, ter rematados os estudos de FP ou Grao sobre os perfís que se ofertan nos últimos 5 anos (non antes de 2013), e non ter experiencia laboral sobre esta profesión. Os menores de 30 anos só terán que acreditar que non ter experiencia laboral sobre o emprego ao que optan.

Dende este luns mesmo e ata o 3 de decembro, os interesados poden inscribirse nos procesos de selección pública para os seguintes perfís laborais e empregos:

  • Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións web
  • Graduado en administración e dirección de empresas
  • Técnico superior en administración e finanzas
  • Técnico superior en administración de sistemas informáticos en rede
  • Técnico superior en asistencia á dirección
  • Técnico en fotografía
  • Técnico en márketing e publicidade
  • Técnico en deseño gráfico

Proximamente –a previsión é que o BOP publique a convocatoria esta mesma semana- tamén se abrirá a solicitude para os seguintes postos:

  • Enxeñeiro topógrafo
  • Ciclo superior de xestión forestal e medio natural
  • Enxeñeiro agrónomo
  • Técnico en electromecánica de vehículos

Máis información chamando ao 982-260-106 ou en www.deputacionlugo.gal.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...