InicioPolíticaO BNG presentará o luns as condicións definitivas para os orzamentos provinciais

O BNG presentará o luns as condicións definitivas para os orzamentos provinciais

A formación, que marcou a fronteira nos acordos pendentes, conseguiu ampliar o prazo de enmendas ata o día antes da votación para estudar o proxecto orzamentario

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego conseguiu ampliar ata o luns o prazo de enmendas para estudar axeitadamente o proxecto de orzamentos facilitado o mércores polo goberno da Deputación. Será entón cando presenten as condicións definitivas para apoiar as contas provinciais, aínda que o deputado Xosé Ferreiro adiantou que as engádegas irán encamiñadas a dotar de recursos aos acordos plenarios pendentes de executar.

Así, o grupo nacionalista avaliará durante a fin de semana as propostas da Deputación antes de enmendar os orzamentos o luns, día antes da votación. No Bloque aspiran a dotar os orzamentos de maior transparencia, limitando aqueles criterios subxectivos e mellorando, na medida do posible, as iniciativas do executivo socialista que preside Darío Campos.

Antonio Veiga e Xosé Ferreiro | Óscar Bernárdez
Antonio Veiga e Xosé Ferreiro | Óscar Bernárdez

Os principais acordos auspiciados polos nacionalistas que aínda están pendentes de execución son a estrada de Navia á Fonsagrada, a recuperación do servizo público de catamaráns, a mellora axudas a prol da conciliación, a restauración da casona do Incio, e o pavillón de Burela.

O BNG conta con dous asentos no pleno da Deputación, polo que de obter o prace desta formación, o grupo socialista tería aínda que lograr un voto favorable máis, debido á marcha do agora deputado non adscrito Manuel Martínez. Para o Partido Popular, a condición sine qua non para a negociación consiste na dotación de fondos das residencias.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....