InicioEconomíaAdif evita detallar os prazos para a chegada da Alta Velocidade a...

Adif evita detallar os prazos para a chegada da Alta Velocidade a Lugo

O administrador ferroviario confirma que a Alta Velocidade estará funcionando en Galicia en 2019 pero evita detallar cando disporá Lugo desta conexión

PUBLICADA O

- Advertisement -

Adif mantén os plans do Goberno saínte no tocante á Alta Velocidade en Galicia, prevista para 2019. Así as cousas, a presidenta do administrador ferroviario, a lucense Isabel Pardo de Vera, evitou dar un prazo para a cidade de Lugo durante a reunión co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

A xuntanza de traballo serviu para que o dirixente dos socialistas galegos abordase con Adif os proxectos das estacións intermodais, a conexión de Alta Velocidade e a inclusión de Galicia no corredor atlántico ferroviario.

“Ningún risco orzamentario”

O ente estatal asegurou a Caballero que “todas as obras están contratadas” no que atinxe á conexión de Alta Velocidade de Ourense coa Meseta, polo que non hai “ningún risco orzamentario” que altere a planificación gubernamental. Adif garante que dará cumprimento aos compromisos do executivo saínte e do que dirixe Pedro Sánchez.

Así, o secretario xeral constatou que o avance dos traballos é “axeitado”, e que se están facendo “esforzos” no Ministerio de Fomento para “desenvolver a chegada do AVE a Lugo“. Pardo de Vera trasladou a Caballero o “importante compromiso” do Goberno na consecución da Estación Intermodal de Lugo.

A máxima representante de Adif explicou que existen avances para a inclusión de Galicia no corredor atlántico de mercadorías. Sen precisar o papel que xogará Monforte de Lemos como hipotético centro loxístico, o escenario contemplado polo departamento é que poderá recibir fondos comunitarios para a mellora da rede ferroviaria no plan orzamentario 2021-2027. O líder socialista valorou a importancia desta futura infraestrutura para a mellora da competitividade do ferrocarril e os portos galegos.

O Eixo Atlántico propón a Fomento tres novas conexións ferroviarias para Lugo

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

A nave calcinada de Mazoi “non tiña licenza de actividade” nin a solicitou segundo o Concello de Lugo

A nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi, alugada pola empresa Contemar, que resultou...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...