José Pérez, Josito, será proclamado secretario municipal de Podemos Lugo

En sete das once localidades en que o partido convoca primarias non haberá necesidade de votación, como acontece en Lugo

Josito, parte da dirección de Gómez-Reino, será o novo secretario municipal de Podemos Lugo
Josito, parte da dirección de Gómez-Reino, será o novo secretario municipal de Podemos Lugo

Quince candidaturas para liderar Podemos nos once concellos en que a formación abriu procesos internos. Esta xeira de primarias ten por obxecto reactivar os círculos locais que esmoreceron durante o mandado da dirección saínte, dando lugar a un “cambio de rumbo e de marcha”. En sete vilas e cidades a votación non chegará a producirse por existir un único aspirante, e así acontece en Lugo, onde José Pérez, Josito, será proclamado secretario municipal o 27 de novembro.

Cadanseu candidato debía presentar asemade un documento político e organizativo, polo que a liña estratéxica queda definida. Josito era ata o de agora o voceiro de Podemos en Lugo; despois de abandonar xunto co resto do equipo de traballo a coordinadora de Lugonovo, contribuíu a impulsar a lista dos círculos municipais que acabou por integrarse na candidatura de Antón Gómez-Reino á secretaría xeral do partido en Galicia.

En consecuencia, Josito converteuse en secretario de Formación e Área Interna, ademais de pertencer ao Consello Cidadán. O seu proxecto para Podemos Lugo foi indiscutido, evitando así a votación telemática que producirase en Compostela, Vigo, Sanxenxo e Ames entre o 20 e o 25 de novembro.

A outra localidade da provincia de Lugo en que Podemos lanzou o proceso interno foi Sarria. A secretaria municipal será Paula Santiago, a única muller que se presentou a estas primarias xunto con María del Carmen Camiña, candidata en Sanxenxo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here