InicioEconomíaFomento empregará drons na inspección xeral da ponte branca

Fomento empregará drons na inspección xeral da ponte branca

O departamento programa para o xoves 15 de novembro a inspección xeral da ponte branca, que complementará as revisións básicas de hai dous meses

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento iniciará este xoves a inspección xeral do estado da ponte branca de Lugo. Os traballos complementarán os realizados hai dous meses na infraestrutura sobre o río Miño, tarefa para a que contará co apoio de aeronaves non tripuladas, drons, para a observación dos elementos non accesibles.

Os labores de inspección foron postergados polo Goberno saínte, atendendo a un conflito de competencias co Concello de Lugo, que deixara a ponte branca sen o mantemento indicado pola empresa construtora.

Fomento trasladou ao grupo parlamentar de En Marea que a conservación segue a ser potestade do goberno local. Aliás, o departamento que dirixe Jose Luis Ábalos abre a porta a facerse cargo provisionalmente “por responsabilidade e a efectos de garantir a seguridade”.

En datas recentes, os técnicos do Ministerio estudiaron solucións para repor os elementos inestables retirados na rotonda de acceso á ponte branca, logo do desprendemento de varias pezas estéticas nesta estrutura diferenciada. Parte do cascallo caera sobre o paseo do Miño.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...