Periga a condición do Camiño Francés de Patrimonio da Humanidade

Icomos, o organismo de vixilancia da Unesco, advirte de que a mina de Touro pode alterar os valores excepcionais que motivaron o recoñecemento do Camiño Francés

A mina do Pino-Touro fai perigar o Camiño Francés | Adega
A mina do Pino-Touro fai perigar o Camiño Francés | Adega

GaliciaConfidencial | A Federación Internacional do Camiño de Santiago (FICS) apunta que un informe técnico do Comité Internacional de Monumentos e Sitios (Icomos) vinculado á Unesco, especifica que o proxecto da mina e Touro é unha violación da normativa de protección que mesmo supón a destrución de parte do seu percorrido, concretamente para o Camiño Francés.

A FICS publicara xa no mes de xuño que o proxecto de Atalaya Mining para a mina de O Pino-Touro é unha grave ameaza para o Camiño de Santiago, punto sobre o que sinalan “a Xunta de Galicia, administración responsable da protección deste Ben de Interese Cultural (BIC) de valor universal, garda silencio”.

O informe técnico do Icomos apunta as serias ameazas para o percorrido do Camiño francés en canto a prexudicar a conservación do mesmo. Esta e outras conclusións saíron da análise que o comité avaliador de monumentos fixo sobre os informes aportados por Atalaya Mining-Explotaciones Gallegas S.L., a empresa do proxecto mineiro.

O informe tamén recolle “unha clara violación da normativa de protección” que invade o Camiño Francés destruíndo parte do seu percorrido “en contra da lexislación nacional e internacional sobre esta materia”. Ademais, lembra que para a declaración dun BIC, as entidades e administracións responsables da súa custodia deben aplicar unha preservación axeitada para que conserve os valores da súa identidade.

Divulgaccion

Nese sentido, o informe de Icomos afirma que a actuación das administracións é contraria a “os compromisos asumidos polo Estado español para promover a inscripción do Camiño de Santiago na Lista de Patrimonio Mundial”. De maneira máis directa, o organismo de vixilancia sinala “non se tiveron en conta a necesididade de prever ao Comité do Patrimonio Mundial sobre a actuación que se quere facer” apuntando ao proxecto mineiro O Pino-Touro.

Logo do estudo feito sobre a parte afectada do Camiño, crreouse unha listaxe de afeccións negativas que aparecerían co proxecto mineiro. Dentro estarían o deterioro do medio natural propio do Camiño de Santiago, que segundo o informe afectaría case a tres millóns de peregrinos durante o tempo que durase a actividade mineira. Isto ademais incluiría a destrucción de parte do “itinerario xacobeo protexido” entre Quión e Arca e de parte dos bens culturais vinculados ao Camiño.

O resultado desas afeccións, sumadas a outras agresións sufridas pola ruta xacobeoa nos últimos anos, é “unha perda continuada de valores patrimoniais” que pode implicar unha “profunda repercusión pola súa influencia na identidade do mesmo Camiño”.

Sobre a perda de identidade dentro do Camiño, o informe Icomos fai constar que no caso de perdérense os valores excepcioais que o incluíron na Lista do Patrimonio Mundial un BIC, ou que o Estado parte non resolva os perigos sabidos ou potenciais que afecten ao ben patrimonial, este pode ser excluído da Lista de Patrimonio Mundial pola Unesco”.

A Axencia de Turismo segue a deturpar o Camiño Primitivo na Fonsagrada

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here