InicioSucesosLugo pecha os parques da Milagrosa e de Rosalía de Castro por...

Lugo pecha os parques da Milagrosa e de Rosalía de Castro por precaución

A alerta amarela motiva o peche dos dous parques máis importantes da cidade de Lugo, con refachos de vento que poden acadar os 70 quilómetros por hora

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo informa nun comunicado que dende a mañá do venres quedan pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro.

Esta medida deriva da enerxía renovada da borrasca Beatriz, que ademais obrigou a instaurar a alerta laranxa no litoral galego, incluída A Mariña lucense. Na capital da provincia agárdanse refachos de vento de ata 70 quilómetros por hora.

A medida de prevención implica que os dous parques quedarán pechados ata, polo menos, o sábado pola mañá, cando está previsto que remita o fenómeno meteorolóxico no interior da provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...