InicioCulturaA lucense María Xesús Lama, Premio Nacional de Ensaio

A lucense María Xesús Lama, Premio Nacional de Ensaio

O prestixioso galardón do Ministerio de Cultura recae na obra da lucense María Xesús Lama pola revisión da imaxe de Rosalía de Castro

PUBLICADA O

- Advertisement -

María Xesús Lama recibirá o Premio Nacional de Ensaio por Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863). Nada en Lugo en 1964, esta filóloga é na actualidade profesora titular de galego na Universidade de Barcelona (UB), tradutora e colaboradora de revistas literarias. O xurado eloxia a súa obra por revisar a “imaxe tópica” desta figura do Rexurdimento.

O prestixioso e lonxevo galardón do Ministerio de Cultura recoñece deste xeito a traxectoria de María Xesús Lama, investigadora do proceso de construción nacional e da literatura de Galicia. A lucense desenvolveu os seus estudos cara os orixes da literatura galega, arredor do herdo celta, os motivos da emigración e o exilio, e o tratamento da propia Rosalía de Castro como escritora fundacional das letras en lingua galega.

Nesta liña, o ensaio premiado contribúe a reformular a concepción romántica de Rosalía de Castro, amosando unha escritora “lúcida, independente, defensora da liberdade, a igualdade e a xustiza social”. O Premio Nacional de Ensaio está dotado con 20.000 euros.

María Xesús Lama estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, antes de doutorarse na Universidade de Barcelona en 2002 mercé a unha tese acerca da apropiación de temas bretóns e celtas na literatura galega. É autora de O celtismo e a materia de Bretaña na literatura galega: cara a construción dun contradiscurso histórico de ficción na obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, e Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...