InicioSucesosSeis detidos por distribución de droga en dous puntos de Lugo

Seis detidos por distribución de droga en dous puntos de Lugo

A Policía Nacional intervén en dúas vivendas da cidade de Lugo nas que os detidos traficaban con cocaína e marihuana

PUBLICADA O

- Advertisement -

Seis persoas resultaron detidas como resultado da Operación Rañolas do Corpo Nacional de Policía, que dirixiuse contra dous puntos de distribución de droga en Lugo. O operativo desenvolveuse durante o mes de outubro por mor das queixas da veciñanza na contorna do casco histórico e a parte norte da cidade. Os axentes estatais detiveron ao proveedor e mailos responsables da venda de cocaína e marihuana.

Como relata a Policía nun comunicado aos medios de comunicación, nos rexistros domiciliarios foron intervidas 15 doses de cocaína e 70 de marihuana, xa preparadas para a venda, 2.000 euros en efectivo, e material para pesar e envasar a droga. No piso da zona centro, dúas persoas vendían ao por menor a quenes acudían; e na vivenda do norte de Lugo, un matrimonio traficaba coa asistencia dunha terceira persoa que distribuía na rúa. O provedor foi tamén localizado.

Así, os seis detidos –algúns con antecedentes policiais– pasaron a disposición xudicial, acusados de delitos contra a saúde pública pola tenencia e venda de substancias estupefacientes. O dispositivo foi artellado polo Grupo de Drogas encadrado na Brigada Provincial da Policía Xudicial.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...