InicioPolíticaAs eivas do bus Lugo - Láncara discutiranse no Parlamento

As eivas do bus Lugo – Láncara discutiranse no Parlamento

Logo da ameaza do alcalde socialista de Láncara de denunciar as deficiencias da liña de bus ante a Fiscalía, o BNG anuncia que levará as incidencias ao Parlamento

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde socialista de Láncara, Darío Piñeiro López, ameaza con levar a situación do bus Lugo – Láncara perante a Fiscalía. Para tal fin convocaría un pleno extraordinario se a Xunta non restablece a liña suprimida, empregada como transporte escolar. A situación chegou a tal punto que o Bloque Nacionalista Galego levará as eivas do transporte ao Parlamento de Galicia.

Anteriormente unían Lugo e Láncara dúas liñas, unha ás 14.35 e outra ás 15.30 horas, pero eliminouse a primeira e agora un único autobús compartido co servizo escolar resulta insuficiente para atender a demanda. Ademais, os alumnos deben esperar máis tempo dende que saen dos institutos, cando antes coincidía co remate das clases.

Socialistas e veciños teñen solicitado en reiteradas ocasións recuperar esta liña de bus. Entre outra iniciativas, celebrouse un pleno ordinario coa recollida de 400 firmas de veciños. En resposta, o delegado da Xunta anunciou a pasada semana que restituiría o horario das 14.35, dentro da conexión entre a capital lucense e a Pobra de San Xiao.


Porén, o rexedor de Láncara asegura que as condicións seguen a ser perigosas para os viaxeiros; sen prazas suficientes, moitos nenos viaxan no corredor e no chan do autobús. Para Darío Piñeiro, nesta situación, o goberno galego está participando dunha ilegalidade e poñendo en perigo a vida dos alumnos e do resto de pasaxeiros.

Como explicou a parlamentaria nacionalista Olalla Rodil, “a comezos do mes de outubro, o alumnado do Concello de Láncara que cursa estudo na cidade de Lugo denunciou publicamente as condicións nas que ten lugar o servizo de transporte”. Fronte ás condicións derivadas da entrada en vigor do novo Plan de Transporte da Xunta, o BNG reclamará ao Partido Popular que sexa restituída a liña.

Dende o Bloque aseguran que só así poderán atenderse as necesidades da poboación, especialmente a máis nova. Así mesmo, fan eco da necesidade de que as paradas do autobús se produzan no centro da Pobra de San Xiao, e non no apeadoiro da LU-536, pola perigosidade que carrexa para a veciñanza. “A empresa concesionaria sempre rexeitou esta cuestión asegurando que retrasaría a combinación cos servizos ferroviarios, porén, xa non hai tren ningún”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...