InicioSucesosInquietude en dous colexios de Lugo por un suposto caso de acoso...

Inquietude en dous colexios de Lugo por un suposto caso de acoso a menores

Varias testemuñas avisan da conduta dun home maior, mais a policía non recibiu denuncias

PUBLICADA O

- Advertisement -

Segundo informarion varias fontes a LugoXornal, podería existir un caso de acoso a menores na contorna de dous centros de ensino do centro de Lugo. Así, e como relatan varias testemuñas, no cruce entre Obispo Aguirre e a avenida Ramón Ferreiro estaría a actuar un varón de avanzada idade, que supostamente leva días detrás das rapazas do colexio marista A Inmamculada e do instituto Ollos Grandes.

Dende a intersección entre as rúas nos que están emplazados estes centros de ensino, onde está un coñecido bar no que os alumnos soen comer durante o recreo e despois das clases, este individuo supostamente acosa ás cativas, con miradas inapropiadas, comentarios machistas –nos que convida ás rapazas máis pequenas a acompañalo– e incluso procurando o contacto físico. Este comportamento chegou ao límite, segundo unha testemuña, de que un pai tivo que correr e intervir para alonxar á filla logo de que o sexaxenario tentara tirar dela.

Malia que LugoXornal puido corroborar presencialmente a veracidade deste comportamento de acoso, nin a Policía Local nin a Policía Nacional teñen constancia da situación, pois non recibiron ningún tipo de comunicación ao respecto e non existen denuncias. Fontes policiais aseguran que o último caso de acoso data de hai dous anos e non está vencellado ao actual.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...