InicioLugo e contornaLugoDispárase o prezo do aluguer en Lugo: xa é un 15% máis...

Dispárase o prezo do aluguer en Lugo: xa é un 15% máis caro que hai un ano

O prezo supera tamén a media galega: 6'7€ por metro cadrado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O piso tipo de aluguer en Galicia rexistrou en xullo de 2022 un prezo medio de 5,62 euros por metro cadrado (m2), o que supuxo un descenso con respecto a xuño do 1,23, pero unha subida do 2% se se fai a comparativa con xullo de 2021.

Así o reflicten datos do portal pisos.com dados a coñecer este luns, que demostran que a galega foi a cuarta autonomía coa mensualidade máis barata para os inquilinos, por detrás de Castela e León (4,74 euros/m2), Estremadura (5,27 euros/m2) e Castela-A Mancha (5,48 euros/m2).

En todo o Estado, o piso tipo de aluguer en España tivo en xullo de 2022 un prezo medio por metro cadrado de 10,24 euros, unha subida mensual do 0,20%. Na comparativa interanual, creceu un 5,89%, polo que Galicia, co 2%, atópase bastante por baixo.

Por provincias, os alugueres experimentaron en xullo fortes subidas interanuais na da Coruña e na de Pontevedra. Nesta última, con 7,41 euros por m2 de media, o ascenso foi do 11,6%, mentres que A Coruña, con 5,62 euros, foi a quinta provincia que máis creceu de toda España, cun 12,37% máis que en xullo de 2021.

Mentres tanto, as rendas en Ourense, cunha media de 4,22 euros/m2, foron as quintas que máis caeron en todo o estado (-10,4%); e en Lugo, cun prezo de 4,70 euros, fixérono nun 3,49%.

Por capitais de provincia, A Coruña presentou en xullo o aluguer medio máis alto (8,47 euros/m2), a pesar de supor unha baixada interanual do 0,57%; seguida de Pontevedra (7,99 euros/m2) cunha crecida do 12,27%. Na cidade de Lugo, os alugueres subiron un 15,55% nun ano, ata os 6,72 euros/m2, e en Ourense baixaron un 2,93%, a 6,08 euros/m2.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...