InicioLugo e contornaLugoAs piscinas exteriores de Frigsa serán gratis este mes de agosto

As piscinas exteriores de Frigsa serán gratis este mes de agosto

O Concello explica que toma esta decisión ante o 'non' da Xunta á praia fluvial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este xoves a gratuidade do acceso ás piscinas exteriores de Frigsa durante o mes de agosto ante o informe desfavorable emitido pola Administración autonómica que impide habilitar unha zona de baño no río Miño.

“A entrada será gratuíta para todas as persoas, non queremos que ningún veciño deixe de ter a oportunidade de refrescarse este verán, un verán no que estamos a soportar vagas de calor con temperaturas especialmente altas”, explicou a rexedora.

Méndez insistiu na “discriminación” da Xunta con Lugo, ao “privar” aos veciños desta zona de baño pública “cando llo permite a numerosos municipios da contorna”. Por iso, a gratuidade das piscinas de Frigsa busca “habilitar alternativas”.

Ademais, a alcaldesa de Lugo anunciou que o Concello presentará alegacións ante a negativa da Xunta –o que tamén impediu á Confederación Hidrográfica Miño-Sil autorizar a praia fluvial– porque, segundo afirmou, os seus argumentos “non se sosteñen tecnicamente”.

O horario de apertura das piscinas de Frigsa é de luns a venres, de 12,00 a 20,30 horas, e sábados e domingos, de 12,00 a 20,00 horas.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...