O Concello de Lugo apaga as luces ornamentais para cumprir coa norma do Goberno

A muralla pasará a estar a escuras durante todo agosto.

Concello de Lugo / wikipedia

O Concello de Lugo apaga durante o mes de agosto a iluminación ornamental dos edificios públicos para cumprir cos compromisos da nova normativa de aforro enerxético decretada polo Goberno central o 1 de agosto.

Nun comunicado, o tenente de Alcaldía, Rubén Arroxo, destacou o paso e esgrime que “se prevé un aforro moi importante”. Ademais, argumentou que durante o mes de agosto a iluminación ornamental era acendida ás 23,00 horas, “sendo poucas persoas as que gozaban del”.

Ademais, Arroxo valora que, unha vez finalizado este mes, analizarase “como se pode continuar” e que outras medidas pódense tomar. Algúns dos espazos públicos que sufrirán este apagamento ornamental serán a Catedral, a Muralla ou o Concello.