InicioPolíticaBarreiro (PP) sobre Candia: "A ver se agora para ser alcalde de...

Barreiro (PP) sobre Candia: “A ver se agora para ser alcalde de Lugo hai que nacer na Praza de Santo Domingo”

Resta importancia ao feito de que Elena Candia non estea empadroada na cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz adxunto do PP no Senado, José Manuel Barreiro, reivindicou este luns o “currículo” da presidenta provincial do partido en Lugo, Elena Candia, para ser a próxima alcaldesa da capital.

Así respondeu o senador despois das críticas vertidas tanto por parte do PSOE –partido da actual rexedora, Lara Méndez– como do BNG, co tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, destacando que Candia nin é da cidade nin está empadroada alí.

Fronte a eles, Barreiro non dubida de que a candidatura da que foi durante tres meses presidenta da Deputación –en 2015– “é unha persoa que ten acreditada unha gran capacidade de traballo, que tamén ten acreditada lealdade coa provincia e coa cidade”.

O senador é, precisamente, un dos ‘padriños’ políticos de Elena Candia, que o chegou a substituír á fronte da Presidencia do PP de Lugo. “Ten unha valía como poucas teño vista en política“, confesou a continuación.

“Hai feitos e obxectividade sobre os mesmos que avalan isto, tanto na súa traxectoria á fronte do partido, á fronte do concello de Mondoñedo (onde foi alcaldesa) e a época curta que presidiu a Deputación”, detallou.

Por iso, asegurou que “moi poucos currículos que poidan ter o peso que ten Elena Candia para presidir o goberno municipal” da cidade amurallada.

O “NERVIOSISMO” DE PSOE E BNG

Outro dos motivos polos que destacou a súa “idoneidade” para encabezar a lista do PP é o “nerviosismo” desatado entre socialistas e nacionalistas, que compoñen o goberno local. “Vexo un nerviosismo tremendo porque o PP propugna a unha candidata que é a mellor dentro do partido e da escena política de Lugo”, resaltou.

Ademais, Barreiro afeou que se lle reproche a Elena Candia que “sexa de Mondoñedo” cando a actual rexedora, Lara Méndez, “é de cervo e ninguén dixo nada”. “A ver se agora para ser alcalde de Lugo hai que nacer na Praza de Santo Domingo”, ironizou o senador.

De feito, lembrou que Méndez, cando chegou á Alcaldía en 2015, nin sequera se votou a ela mesma ao estar empadroada en Cervo. Tamén puxo o exemplo doutros alcaldes que non eran de Lugo, como Xosé López Orozco –de Foz–, Joaquín García Díez –de Ferrol-– e Tomás Notario Vacas –de Salamanca–.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...