InicioEconomíaO Concello abre este venres as portas do CEI Nodus

O Concello abre este venres as portas do CEI Nodus

LugoXornal será parte activa da xornada de portas abertas que fomentará sinerxias no Centro de Empresas de Lugo, con visita guiada ás 10.15 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unir o Centro de Empresas e Innovación (CEI Nodus) co tecido social, asociativo, educativo e económico de Lugo. Tal é o propósito da xornada de portas abertas que organiza o Concello este venres 27 no complexo de Garabolos, que incluirá un percorrido guiado de 10.15 a 10.45 horas. A iniciativa vai dirixida á cidadanía no seu conxunto, con aceno nas entidades vencelladas ao emprendemento.

O nodo empresarial botou a andar no 2004, e dende entón prestou asesoramento a 3.000 proxectos, formando e difundindo o labor de 5.000 persoas emprendedoras. No CEI Nodus agromaron 400 empresas, que empregan a medio milleiro de persoas. Dende o Concello agardan que a xornada de portas abertas sirva de pulo para a zona, onde recentemente foi inaugurada a escola infantil construída pola Fundación Amancio Ortega.

Parte do equipo de LugoXornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña
Parte do equipo de LugoXornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña, no CEI Nodus

LugoXornal é un dos máis recentes produtos do CEI Nodus, na actualidade no cen por cen de ocupación nos 27 espazos para empresas, entre o viveiro, o sementeiro, os obradoiros e laboratorios e a Aula Coworking. Por iso, xunto coa colaboración no Demoday do Inicia Coworking, será parte activa da xornada de portas abertas do Centro, que asemade xestiona a iniciativa paralela a pé de rúa no barrio da Tinería.

Por último, dende o Concello explican que a xornada de portas abertas debe servir como exercicio de transparencia, amosando o destino dos orzamentos da corporación. As políticas de emprego adican tres millóns de euros neste 2018. Os proxectos en funcionamento benefician a 250 persoas, entre os programas Empregalia, Inicia Coworking, os viveiros de empresas do CEI Nodus, os obradoiros de emprego e o plan Mellora Lugo.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...