InicioSociedadeLara Méndez: "Vou pelexar para que Lugo teña praia fluvial aínda que...

Lara Méndez: “Vou pelexar para que Lugo teña praia fluvial aínda que a Xunta non a vexa viable”

"Non se entende que concellos limítrofes, mesmo bañados polo río Miño, si poidan gozar destes espazos", asegura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, afirmou este xoves que a cidade contará con praia fluvial, malia que a Xunta, nun informe, non a ve “viable”. A rexedora comprometeuse a “pelexar para que así sexa”. “É un obxectivo que temos como Concello e é un obxectivo polo que levamos traballando moitos anos nun expediente complexo e arduo”, recalcou.

Trátase dunha infraestrutura que se ía situar, con catro piscinas, fronte á nova rotonda que conecta a N-VI co Campus, na beira do río Miño.

“Nós seguiremos insistindo para que sexa unha realidade poder atender unha demanda social da nosa cidade. Non se entende que concellos limítrofes, mesmo bañados polo río Miño, si poidan gozar destes espazos e o Concello teña sempre a negativa da Xunta de Galicia para gozar, neste caso, de espazos naturais”, lamentou.

Méndez aproveitou para esgrimir que esta negativa do Goberno galego “non é unha novidade”. “Cando falamos de ter altura de miras cos veciños, falamos disto, de que non pode ser que se faga un uso partidista das institucións”, afeou.

“Non se entende que a Xunta de Galicia permita á Confederación Hidrográfica o traslado dunha colonia de mexillóns e a nós nos estea pondo inconvenientes. Poremos outras alternativas enriba da mesa”, insistiu.

A XUNTA VEO “MOI DIFÍCIL”

A Administración galega, por voz do seu delegado en Lugo, Javier Arias, presentou o informe definitivo polo que se conclúe que coa localización actual “será moi difícil” contar con zona de baño este verán.

Entre outros se debulla que existen problemas de afección a “especies protexidas, dous tipos de mexillóns, e de seguridade da instalación en casos de crecidas ou diminucións do caudal”.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....